O luns 25 de setembro, ás 19.30 h, teremos connosco a Baba Mohamed Lamin Ali, quen nos falará do conflito do Sahara Occidental.
Neste encontro falaremos sobre o proceso histórico que sucedeu no Sahara Occidental desde antes da chegada española ao territorio ata a actualidade. Falarase tamén sobre a realidade social tanto nos campamentos como na zona ocupada por Marrocos.
Baba Mohamed Lamin Ali leva vivindo catro anos en Galiza. É estudante de Dereito na Universidade da Coruña. É membro da asociación Juventud Activa Saharaui en España, que ten como obxectivo difundir información sobre a loita do pobo saharaui.
Se queres asisitir a esta actividade, envíanos os teus datos a través deste formulario: