13

Abr

Visita ao estudo de Iria do Castelo

12.00 h

Iria do Castelo

Fotografía de Xurxo Gómez-Chao

Dentro do ciclo “Entre liñas” que realizamos coa Asociación Cultural AÏS, e nos que visitamos estudos de artistas plásticos e visuais, o sábado 13 de abril, ás 12.00 h, visitaremos o estudo de Iria do Castelo.

Iria do Castelo (A Coruña, 1977), artista e deseñadora, desenvolve a súa actividade dende o seu estudio rural “Castelo Studio” na aldea de Castelo, Culleredo. A súa práctica comprende principalmente escultura, gravado e ilustración. Con recoñecementos diversos ó longo da súa traxectoria (Beca para a realización do Master de Obra Gráfica Fundación CIEC, III Cátedra extraordinaria Ciudad de Albacete con Antonio López, Programa de Residencias Artísticas MAC Museo de Arte Contemporáneo, Programa de Residencias John David Mooney Foundation Chicago …), o seu traballo foi exposto internacionalmente en Nova York, México DF, Barcelona, Rotterdam, Berlín, Bucarest, Casablanca, Hong Kong, Melbourne, entre outros… e en diferentes espazos artísticos, feiras de arte e residencias artísticas internacionais.

Aquí tes a localización do estudo para chegar facilmente:

PRAZAS ESGOTADAS!

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies