O luns, día 18 de setembro, ás 19.30 h, Anxo Angueira presentaranos o seu último libro.
Despois de Cantares gallegos, Follas novas e En las orillas del Sar, a nova entrega de Anxo Angueira contén a edición crítica do resto da poesía de Rosalía de Castro, no que figuran La flor, A mi madre, a poesía dispersa e as traducións. Este conxunto, entre o que hai verdadeiros tesouros poéticos, acaba por perfilar unha figura extraordinaria das nosas letras e completa o seu extenso e sólido proxecto.
Anxo Angueira, profesor da Universidade de Vigo, é escritor e ensaísta, ademais dos seus estudos sobre Méndez Ferrín («A espiral no espello. Bretaña, Esmeraldina e o sistema literario galego»), vén centrando as súas investigacións no Rexurdimento (Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Fernández Morales) e nas súas orixes (o Padre Sarmiento).
Acompañará na presentación a Anxo Angueira Carme Fernández Pérez-Sanjulián, profesora da UDC.
Se desexas asistir a esta presentación, envíanos os teus datos a través deste formulario: