24

Feb

Lectura pública da obra de Rosalía

17.00 h

Día de Rosalía 2021A agrupación cultural Alexandre Bóveda e a Asociación de Escritoras e Escritores en lingua galega, organizamos unha lectura pública da obra de Rosalía o 24 de febreiro, día no que se celebra o nacemento de Rosalía de Castro.

Contaremos con Alba María e Queco Díaz: Improvisación oral en diálogo coa obra de Rosalía.

Será o mércores, día 24 ás 17 h, diante do Teatro Rosalía, na rúa Rego de Auga.

Podes descargar e ler aquí o manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega para este Día de Rosalía de Castro.

Vide acompañarnos e ler a obra de Rosalía!

Se queres que che reservemos poema non tes máis que enviarnos este formulario e dicirnos que vas ler.

    Uso de cookies

    Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

    ACEPTAR
    Aviso de cookies