22

Abr

Presentación de “Pasado arrincado. Lugares de Memoria democrática en Galicia”

19.30 h

Pasado arrincado. Lugares de Memoria democrática en GaliciaO luns 22 de abril, ás 19.30 h, presentaremos Pasado arrincado. Lugares de Memoria democrática en Galicia, un libro coordinado por Emilio Grandío.

Un espazo. Un recordo. Os lugares de memoria son por riba de todo espazos físicos, tanxibles, que se enchen de contido. Os artigos que compoñen este libro son unha escolma simbólica do traballo que aínda queda por facer no ámbito desta recuperación. Un Pasado arrincado que esquecemos, en parte porque faltan preguntas.

O proxecto ten a vontade de mellorar o enfoque interpretativo nesta temática, ampliando o recordo tanto sobre o que nos lembra a violencia represiva como sobre o que sirva para sementar a conciencia de construción dun futuro en colectivo; dos traballos, do compromiso de moita xente que fica invisible.

Un coñecemento colectivo que non debe ser estático, porque co estudo sobre o pasado aprendemos sobre nós mesmos: na nosa calidade colectiva como sociedade democrática.

Emilio Grandío Seoane é catedrático de Historia Contemporánea da USC, especialista na II República e Ditadura Franquista, Investigador Principal de varios proxectos de investigación vencellados a esta temática apoiados polas Deputacións da Coruña e Pontevedra, Xunta de Galicia, Secretaria de Estado de Memoria Democrática e de I+D. Autor dos Informes Históricos para a recuperación do Pazo de Meirás e a Casa Cornide, e Presidente da Comisión de Expertos para a recuperación das Estatuas do Mestre Mateo.

Acompañará a Emilio Grandío nesta presentación o historiador Manuel Pérez Lorenzo, Lito, autor tamén da Guía Docente que acompaña este proxecto.

Se queres asistir a este evento, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies