19

Out

Presentación de “Mareira”, de Bea a de Estrella

19.30 h

Bea a de EstrellaO mércores 19 de outubro, ás 19.30, Bea a de Estrella presenta no noso local o seu  último disco, Mareira, navega entre os soños, os silencios e as notas de música que dende hai tempo bailan o son do corazón e do mar. Mares que nos abrazan, notas que veñen e van dende África ata América, Colombia, Arxentina, Portugal e a música tradicional que percorre a alma desta cantautora.  Mareira é un traballo multidisciplinar no que se mesturan diferentes formas de expresións artísticas arredor da música e a emoción.

A canción que pon título ao disco Mareira, música e letra de Bea a de Estrella, está acompañada e cantada por Pablo Milanés, referente na música internacional, música de trova, de cantautor, referencia para moitas xeracións de músicas e músicos,  sendo esta unha declaración de intencións: duas xeracións diferentes, xeitos de reivindicar a música dende a palabra, navegando entre culturas.

Diálogo e viaxe sumando culturas, poñendo no centro a cultura galega, e  mesturando culturas e distintas artes: literatura, fotografía, poesía, ficción, pintura. Un libro disco no que a poesía de Yolanda Castaño, a narración de Rosa Aneiros, a pintura de Susana de Bogo a imaxe creada por Jairo Iglesias e un longo elenco de artistas fai un universo único: Mareira

Bea a de Estrella, é unha contadora de historias vividas e sentidas, sentir as palabras e acariñar melodías, crear lugares, e disfrutar dun momento único: a emoción e a música. Cantautora de sentimentos e emocións propón unha viaxe musical, a súa voz cargada de forza e con variedade de rexistros propoñen un universo onde o público queira adentrarse. Son cubano, tango, notas de blues, jazz, pop e a fusión do son máis tradicional con outros estilos e letras líricas moi persoais, forman parte da sua estética. Nominada aos Mestre Mateo, e os premios ALPE polo proxecto solidario e a visibilidade das enfermidades raras co vídeo Mi punto de vista do disco Mar de fóra. Participou entre outros no Festival Corazón e Bravura e Noroeste Estrella Galicia.

Presentará o acto Xurxo Souto.

Se queres asistir a esta presentación envíanos os teus datos a través deste formulario:

Erro: Formulario de contacto non atopado.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies