24

Mar

A recuperación da memoria histórica na literatura galega do S. XXI

19.30 h

Memoria histórica na literaturaO xoves 24 de marzo, ás 19.30 h, Diego Rivadulla falaranos do papel da literatura galega na recuperación da memoria histórica.

Tras décadas de silencio público en torno do pasado traumático colectivo, Galiza vive desde os albores do século XXI inmersa nun boom de memoria que atinxe o ámbito socio-político, o cultural, o artístico e incluso o académico. A literatura, nomeadamente a narrativa e o teatro, ten xogado un papel fundamental neste fenómeno memorialista e contribuído de maneira decisiva á configuración dunha memoria cultural galega da guerra civil e o franquismo.

Diego Rivadulla Costa é licenciado en Filoloxía Hispánica e graduado en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios pola UDC. Doutor en Estudos literarios, actualmente é investigador posdoutoral no grupo ILLA da Universidade da Coruña.

Esta actividade forma parte do ciclo Aula aberta, organizado pola AC Alexandre Bóveda en colaboración co grupo de investigación ILLA da Universidade da Coruña. Tátase dun espazo de divulgación e intercambio sobre temas de literatura e cultura galegas.

As catro sesións previstas terán lugar o 24 de marzo, o 28 de abril, o 26 de maio e o 30 de xuño, e estarán ao cargo de investigadores e investigadoras noveis.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies