O luns 29 de maio, ás 19.30 h, teremos con nós a Mercedes Peón, compositora, vocalista e instrumentista galega, dentro do Ciclo pensando o futuro.
Converxencias no intanxible, sen friccións establecidas de poder. Unha reflexión sobre os mecanismos da creación colectiva (aldeas), e da súa influencia nos corpos urbanos.
Mercedes Peón é considerada como unha das mulleres máis carismáticas do circuíto da world music actual. Despois de afondar na tradición durante máis de 25 anos, no 2000 gravou o seu primeiro álbum chamado Isué, ao que seguirían Ajrú (2003), Sihá (2007), Sós (2008), e Deixaas (2018). É unha das artistas galegas máis destacadas de principios do século XXI. Recibiu numerosos premios internacionais e nacionais.
PENSANDO O FUTURO, é un ciclo de pensamento con cinco voces diferentes que quere ser un xeito de contar o mundo. Cinco voces para contar o presente e imaxinar o futuro, para denunciar relatos hexemónicos impostos, para crear conciencia de necesidades e dereitos.
Durante cinco luns de maio e xuño, sempre ás 19:30 h dialogaremos con:
- Teresa Táboas (15 de maio)
- Mercedes Peón (29 de maio)
- Neves Brisaboa (5 de xuño)
- David Rodríguez (12 de xuño)
- Carlos Taibo (19 de xuño)
Se queres asistir a este encontro con Mercedes Peón, envíanos os teus datos a través deste formulario: