27

Out

Moncho Valcarce, 30 anos na nosa memoria

19.30 h

Album Moncho ValcarceO ano que vén celebramos o 30 cabodano de Moncho Valcarce. Van ser varios os actos cos que lembremos a súa figura. E o 27 de outubro, a partir das 19.30, teremos o pracer de presentarvos, na sede da nosa asociación, un deses actos coa nova imaxe da páxina web da Irmandade, máis dinámica, interactiva e participativa, e unha carpeta con oito láminas que veñen ser un reflexo da nosa recente historia que Moncho liderou con valentía, humildade, entrega, compromiso e sacrificio.

Moncho Valcarce, o cura das Encrobas, forma xa parte do Panteón de Galegos Ilustres por dereito propio.

Converteuse nun referente imprescindible, non só para @s labreg@s, senón para tod@s aqueles que reivindicaban os seus dereitos fronte os poderosos.

Líder carismático, que fixo que coas súas loitas contra Fenosa, a cota empresarial, os encoros ou as expropiacións, que Galiza vivise intensamente unha eclosión reivindicativa e concienciadora sen precedentes.

Nacionalista convencido de que só co recoñecemento de Galiza como Nación seriamos donos do noso futuro.

Home de fe que non dubidou en enfrontarse aos poderes da Igrexa por defender os intereses populares.

A Irmandade Moncho Valcarce naceu coa misión de perpetuar a súa memoria, identificarse cos valores que el defendía, difundir o seu pensamento e dignificar e potenciar a súa figura como persoeiro histórico.

Se queres acompañarnos neste día, envíanos os teus datos a través deste formulario:

    Uso de cookies

    Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

    ACEPTAR
    Aviso de cookies