29

Xan

Nós de onte a hoxe: 100 anos de historia

19.30 h

Nós de onte a hoxeO mércores 29 de xaneiro, ás 19.30, inaugúrase na sala de exposicións de Durán Loriga a exposición, realizada pola Federación de Asociacións Culturais Galiza Cultura, Nós de onte a hoxe: 100 anos de historia. Trátase dunha exposición que conmemora os 100 anos de historia da revista Nós, cuxo primeiro número ve a luz o 30 de outubro de 1920 e que é herdeira directa do espírito das Irmandades da Fala (1916), do renacido boletín A Nosa Terra (1917) e da I Asemblea Nacionalista de Lugo (1918).

A mostra ten como lema: ser diferente é ser existente, extraído do uso que del fai Vicente Risco en Nós, os inadaptados, e realiza un percurso pola significación e a obra dos seus principais persoeiros: Vicente Risco, o director literario, Castelao, o director artístico, Ramón Otero Pedraio e Ánxel Casal, e con eles, a proxección que significou para artistas e escritores novos, así como a conexión co Seminario de Estudos Galegos (1923), outra iniciativa capital que marca o inicio dunha ciencia multidisciplinar en galego e sobre a Galiza.

O acto tamén contará coa actuación de Cántigas da Terra.

A exposición poderá ser visitada ata o vindeiro 28 de febreiro en horario de 12 a 14 e de 18 a 21 h.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies