O venres, 14 de abril, ás 19 h, proxectamos no noso local, na rúa Santo André, 36-1º, o documental O Aparecido de J.A. Jiménez e Fran Naveira.
Tras a aparición e a posterior proxección da curtametraxe de ficción, realizada en súper 8 mm Manoel Antonio, sobre a figura do poeta, do ano 1981, aprovéitase para amosar este documental, O aparecido, coas entrevistas a os actores participantes naquela curta: Santiago Prego, Victor Mosqueira, Francisco Jorquera, Luísa Veira, Xosé Manuel Rabón, María Braxe, Daniel Carballeira, entre outros, o movemento artístico teatral acaecido na cidade da Coruña naqueles anos.
Ao documental, que terá unha duración de 75 minutos, seguirá un coloquio.
Se queres asistir, envíanos os teus datos a través deste formulario: