28

Set

O Galeuzca e o recoñecemento de Galiza nación en 1933

19.30 h

Castelao e Otero Pedrayo son recibidos en Barcelona

Castelao e Otero Pedrayo son recibidos en Barcelona

Organizado por Vía Galega, a plataforma da que ACAB fai parte, o xoves 28 de setembro, ás 19.30 h, acollemos o encontro co profesor Xosé Estévez que desenvolverá nesta palestra a traxectoria dos pactos trinacionais entre os nacionalismos de Galiza, Euskal Herria e Catalunya dende o primeiro, a tripla alianza de 1923 deica o Galeuzca de 1933. Analizará a continuación, a importancia deste último no ingreso de Galiza no IX congreso de nacionalidades europeas ou de minorías nacionais, adscrito a Sociedade de Nacións, antecedente da ONU, celebrado entre o 16 e 18 de setembro de 1933, que supuxo o recoñecemento internacional de Galiza como nación.

Xosé Estévez, historiador galego, foi profesor na Universidade de Deusto, de Historia Moderna e Contemporánea do País Vasco, de Nacionalismos e Rexionalismos desde e de Sociedade e Cultura na España Contemporánea. É o máximo experto no estudo das relación de Galiza, Euskadi e Catalunya e ten publicado varios ensaios sobre o Galeusca.

As persoas que nos acompañen levarán de agasallo a publicación de 20 páxinas da Fundación Galiza Sempre 100 anos da tripla alianza.

Se queres asistir a esta palestra, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Erro: Formulario de contacto non atopado.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies