30

Xan

Os álbumes de guerra de Castelao

20.00 h

O mércores 30 de xaneiro, ás 20 h, teremos unha palestra a cargo de María Antonia Pérez, Presidenta d’O Galo, e a inauguración da exposición Os álbumes de guerra de Castelao.

“Aos galegos, que andan pol-o mundo:
Estas estampas, arrincadas da miña propia door,
van dirixidas a vós que sempre amáchedes a liberdade.”

Álbumes da guerra de CastelaoEsta exposición é unha homenaxe a Castelao e a todos aqueles que padeceron represión e exilio. Os tres álbumes de guerra de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao  inspíranse e pretenden dar a coñecer as atrocidades que ocorreron na guerra civil española. Todos eles representan un duro e aínda vixente alegato contra o fascismo; lembremos que, aínda no ano 1976, unha edición destes álbumes da Editorial Akal foi secuestrada polo Goberno de Arias Navarro.

O político, debuxante e escritor realizou en Valencia e Barcelona estes tres albumes como apoio á causa republicana. Un total de 31 debuxos distribuídos en tres series tituladas Atila en Galicia (1937), Galicia mártir (1937) e Milicianos (1938). Estas imaxes chegaron a Galiza no ano 1981 e consérvanse no Museo de Pontevedra. Foron dedicadas polo propio Castelao.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies