17

Out

Os retos do xornalismo en chave galega e feminista

19.30 h

María ObelleiroO luns 17 de outubro, ás 19.30,  e dentro do ciclo de palestras Pensando o Futuro, María Obelleiro, directora de Nós Diario, falaranos dos retos do xornalismo en chave galega e feminista.

Por que o groso dos medios de comunicación non afondan nas causas estruturais dos incendios? Por que seguen sen informar das millonarias axudas públicas recibidas polas entidades financeiras? Por que se evita tratar as relacións entre adxudicacións de servizos públicos con empresas de familiares de altos cargos públicos? Por que tanto ‘copy-paste’ da axenda mediática que se impón desde Madrid? Un xornalismo honesto, valente e desacomplexado pasa, necesariamente, por garantir a súa independencia e sustentabilidade. Só sendo independentes é posíbel ser inmunes a calquera presión e só así poden evitarse os clientelismos e a autocensura. O partidismo e dependencia das axudas institucionais, opacas e discrecionais, deixa verse no xornalismo que exercen os medios de comunicación que basean as súas finanzas nas subvencións da Xunta da Galiza.

María Obelleiro Hermida naceu en Arcade (Soutomaior) o 4 de abril de 1985. Licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), é tamén graduada en Educación Primaria e posúe o Mestrado de Protocolo pola Universitat de Barcelona e o Mestrado en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Premio de Xornalismo Johán Carballeira, é especialista en xornalismo en igualdade. Comezou a súa carreira xornalística en A Nosa Terra e é a directora de Nós Diario desde a súa posta en marcha. Colabora con Radio Galega, o medio en catalán Vilaweb e o medio euskaldún Berria.

Este ciclo seguirá durante cinco luns máis entre outubro e decembro, sempre ás 19.30 h. Dialogaremos, ademais de con María Obelleiro, con Antonio Brea, Iria Veiga, Óscar Pazos, Hugo López e Helena Miguélez-Carballeira.

Se queres asistir, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Erro: Formulario de contacto non atopado.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies