06

Set

Presentación de “A fábrica de tabacos da Coruña e a fábrica de mistos”

20.00 h

Fábrica de tabacosPresentación de “A fábrica de tabacos da Coruña e a fábrica de mistos. Factores de transformación dunha cidade” de Ana Naseiro Ramudo.

Esta obra de Ana Naseiro Ramudo é un ensaio sobre a Fábrica de Tabacos e a Fábrica de Mistos da Coruña, no que se recolle información inédita da súa historia, evolución e conflitos.

A través deste estudo vemos como o desenvolvemento de ambas institucións non foi alleo á evolución da propia cidade e marcou a súa evolución paisaxística, urbanística, económica e social. Un dos capítulos recolle a depuración do persoal da fábrica durante o Franquismo, capítulo pouco coñecido da historia de Fábrica de Tabacos. Esta obra quedou finalista no Premio Manuel Murguía 2017 da Deputación da Coruña.

Ana Naseiro é facultativa de Arquivos do Estado. Formouse en Historia Moderna e Contemporánea pola USC, especializándose en Biblioteconomía pola UDC, onde obtivo o doutoramento coa tese Evolución histórica da descrición arquivística na España contemporánea.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies