13

Mar

Presentación de “Rebeldía Galega contra a inxustiza”

20.00 h

Rebeldía Galega contra a inxustizaDe Nós. Monografías con perspectiva galega é a nova cabeceira que edita Sermos Galiza para afondar en temáticas históricas e actuais con criterios divulgativos e para dar a coñecer a realidade da Galiza. A primeira entrega leva por título Rebeldía galega contra a inxustiza e será presentada na Coruña no noso local o martes 13 de febrero ás 20 h. Contaremos coa presenza de Xan Fraga, co-autor da publicación, con Xoán Costa, presidente de Sermos Galiza, e con María Xosé Bravo, presidenta da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda.

Rebeldía galega contra a inxustiza: Salcedo, Oseira, Nebra, Trasancos, Sofán e Sobredo é o primeiro dos monográficos, que coincide cos acontecementos de Trasancos (marzo de 1918). Comeza con “As mortes no Campo da Porta”, sobre os feitos decorridos en 1894 na parroquia pontevedresa de Salcedo, continúa con “Que se vaian todos! Conflito, loita e morte en Oseira” que fala do masacre de 1909 e con “Os mártires de Nebra: cans, 1916”.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies