20

Xuñ

Prosperar sen crecemento

19.30 h

Prosperar sen crecementoO luns, 20 de xuño, ás 19.30 h, Mario Pansera, investigador Distinguido GAIN, vainos falar sobre prosperar sen crecemento, dentro co ciclo Pensando o futuro.

As grandes relixións así como as ideoloxías totalizadoras xa non guían as sociedades contemporáneas. Hoxe o elemento central dos nosos esforzos é a relixión do crecemento infinito, unha relixión predicada por exércitos de economistas e os seus altofalantes nos medios de comunicación. Porén, a ideoloxía do crecemento infinito hoxe como nunca amosa a súa incapacidade para resolver os retos existenciais do cambio climático e do colapso dos ecosistemas. Poderíase dicir que esta ideoloxía é a verdadeira causa destas crises. Para imaxinar un futuro viable temos que imaxinar un futuro sen crecemento económico. É posible? como sería este futuro? E sobre todo, cales son as barreiras que nos impiden saír deste pensamento máxico e anticientífico baseado na idea de que só aumentando a nosa riqueza material podemos vivir mellor?

Neste ciclo, desenvolto en seis luns de maio a xuño, sempre ás 19.30 h, dialogamos, ademais de con Mario Pansera, con Teresa Moure, Elena Ferro, Juan Alberto Turnes, Manuel Gago e Manuel Rivas.

 

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies