02

Out

Recuperación do Pazo de Meirás. Estado actual da cuestión

20.00 h

Pazo de MeirásO mércores 2 de outubro, ás 20 h, no noso local, Carlos Babío e Manuel Pérez Lorenzo, autores de Meirás. Un pazo, un caudillo, un espolio, ofrecen unha palestra sobre o estado actual da cuestión da recuperación do Pazo de Meirás.

Logo do grande traballo de documentación histórica e investigación realizado por estes dous investigadores, que foi clave para as accións levadas a cabo pola Deputación da Coruña a través da Xunta Pro Devolución e a posterior demanda presentada pola Avogacía do Estado, nova documentación vai estando ao dispor destes dous investigadores que grazas ás súas investigacións converten esa unanimidade da sociedade a prol da Devolución de Meirás nun obxectivo que cada vez semella máis posible.

Ademais da terrible represión que a ditadura franquista someteu ao pobo galego e español tamén se produciu un roubo e saqueo sistemático por parte dos Franco. Na nosa contorna non só o Pazo de Meirás se non tamén a Casa Cornide debe ser devolta ao pobo, neste caso ao Concello da Coruña.

Segundo din estes dous investigadores “No caso de Cornide perdeuse moito tempo. Compre documentar, e comezar a deseñar unha estratexia de devolución. O Consello da Memoria que xestionará este proceso debe abrirse a mais actores. E o concello da Coruña debe por os recursos necesarios para divulgar e documentar. Mais a experiencia de Meirás debe ser o espello onde mirarnos.”

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies