10

Mai

Presentación de “A secuestradora de océanos”

20.00 h

Yolanda LópezO venres, día 10 de maio, ás 20 h, Yolanda López presenta o seu poemario A secuestradora de Océanos. Un conxunto de poemas breves, intensos, plenos de mar e natureza, enormemente visuais e, segundo verbas da autora, “moi visuais e dotados dunha enorme plasticidade e intertextualidade”.

Estará acompañada pola poeta Claudia Castro e o editor de Urutau Editora, Wladimir Paz.

Haberá música en directo da man do grande violinista Javier Cedrón Fernández.

Yolanda López lévanos, entre pastel vermello e óleo satinado, de Lugrís a Modigliani. Tamén nos propón viaxar no tranvía do desexo cara Lisboa, voar entre barcos de cartón nun festín de luz en Eivissa, danzar na nebe néboa d’Os Ancares ou bater nos confíns do Caribe tropical.

 

A secuestradora de océanos é ademais un libro de erotismo latente en moitas das súas páxinas, nas que atopamos “sabas opacas que falan co murmurio esmeralda de pianos distantes”, “poros famentos por contemplar a túa nudez”, ou “dedos rachando/ como nordesía que navega/ coma o lume intenso/ queimando as miñas nádegas molladas”. De fondo, música que provén de zanfonas que cantan vida na noite ou mesmo de violíns ultramar.

 

Coma as pasionarias que retrata no seu libro, estamos ante unha Yolanda López erguida polas súas ansias de liberdade, guerreira pola súa sede de xustiza e sabia coma unha filosofa clásica que agocha un universo sobre o que reflexiona decote.

 

Claudia Castro.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies