03

Abr

Tradición e modernidade

20.00 h

Tradicion e modernidadeO mércores 3 de abril, ás 20 h, teremos un encontro con Mª Jesús Fernández para falar de: Xabier P. DoCampo, TRADICIÓN E MODERNIDADE.

Mª Jesús Fernández comparte con Xabier P. DoCampo a profesión de mestra, unha longa amizade e o amor común polas palabras soñadas e contadas á xeración máis moza. Ela é, como unha das primeiras lectoras da obra do noso escritor, grande coñecedora da evolución da obra literaria de Xabier P. DoCampo, convertida hoxe na obra dun pioneiro, un dos pais da Moderna Literatura Infantil e Xuvenil de Galiza.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies