03

Abr

Apresentación de “Vía Galega” na Coruña

20.00 h

Vía GalegaO martes 3 de abril ás 20 h preséntase na Coruña (local da ONCE, Cantón Grande nº 3, A Coruña) a Plataforma social en defensa dos dereitos nacionais de Galiza Vía Galega da que a nosa asociación forma parte.

Cremos que se está a vivir a nivel do Estado Español unha involución nos dereitos individuais e colectivos que fai que a propia supervivencia de Galiza como país estea ameazada. É por iso que cómpre que fagamos ouvir a nosa voz para reivindicar que somos unha nación e que temos dereitos.

Existe un manifesto promovido pola Plataforma Vía Galega que podedes asinar na súa páxina.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies