02

Abr

Visita guiada á exposición de Antonio Palacios

18.30 h

Exposición Antonio PalaciosO martes 2 de abril, ás 18.30 h, faremos unha visita guiada por José Luís Varela, á exposición de Antonio Palacios en Palexco.

A exposición Antonio Palacios. O rumor da historia, o ruido do tempo, organizada polo Colexio Oficial de Arquitectos de Madrid, a Fundación Arquitectura COAM e o Concello de Madrid e comisariada polo profesor da ETSAC Ricardo Sánchez Lampreave e polo doutor arquitecto formado na ETSAC José Varela Alén, percorre a figura e traxectoria do arquitecto e urbanista galego, recoñecido como un dos profesionais destacados da historia da arquitectura a nivel europeo.

Esta é a primeira exposición do “Ano Antonio Palacios” —que conmemora o 150 aniversario do nacemento do arquitecto porriñés—, recollendo as obras e proxectos fóra de Madrid, maioritaria e fundamentalmente en Galiza.

Da man dun dos comisarios da exposición poderemos gozar da obra do xenial arquitecto galego, neste caso ademais cos seus proxectos máis descoñecidos, aqueles fóra da cidade de Madrid, onde amosa a súa preocupación polo urbanismo das nosas cidades e vilas, tamén por un estilo arquitectónico propio, de fondas raíces galegas.

PRAZAS ESGOTADAS!

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies