15

Set

Xela Arias entre nosoutras

19.30 h

Xela AriasO mércores 15 de setembro,  ás 19.30 h, teremos con nós para falarnos de Xela Arias a Ana Romaní, Marga Romero e Beatriz Maceda.

Lermos Xela Arias nos oitenta. Participarmos da escrita dos oitenta, sermos críticas e poetas. Continuarmos até Intempériome, até a desvértreba, Nós(outras).

Ana Romaní é poeta,  xornalista cultural e membro da Real Academia Galega. Marga Romero, tamén coñecida como Marga do Val, é escritora, tradutora e colaboradora en Nós Diario. Beatriz Maceda é escritora, membro da directiva da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.

Aquelas persoas que nos acompañen recibirán un agasallo de lembranza de Xela Arias.

PRAZAS ESGOTADAS!

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies