Desatemos o atado e ben atado

¡Outra vez, outra vez o terror!

Un día e outro día,

sen campás, sen protesta.

Galicia ametrallada nas cunetas

dos seus camiños.

(Luís Pimentel)

Derradeira leición do mestre

En 1938, o poeta valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán publicaba:

Franco, Franquiño

piquirrichiño,

refugallo de homes,

selso de feixismo.

Alacrán con mando,

……………………..

Soña, coitadiño,

honores a eito,

¡que xa tés a cova

aberta no esterco!

 

E has deixar na hestória

a túa lembranza,

cal deixa nas herbas

siñal a aligacha.

 

E homes e mulleres

lembrarante todos,

mais cando te menten

cuspirán con noxo.

 

Franco, Franquiño,

homiño pequeno.

Franco, Franquiño,

fol de veneno.

Franco e Juan Carlos na praza de Oriente

Madrid, 17 de decembro de 1970. Manifestación de “afirmación nacional” na Praza de Oriente. No balcón, Franco e os Príncipes de España.

Un ano antes, o día 30 de decembro de 1969 –na mensaxe de Nadal– o ditador Francisco Franco pronunciou as coñecidas palabras de que –para a súa sucesión– todo quedaba “atado e ben atado”.

Baena Alonso

E, fixo todo o posible para que así fose. A escasos dous meses do seu falecemento, o ditador Francisco Franco asinaba as últimas penas de morte do franquismo, entre elas a de José Humberto Baena Alonso, de 24 anos, asasinado o 27 de setembro de 1975.

Franco na praza de Oriente

Ante as protestas polas execucións do 27 de setembro, o día 1 de outubro outra vez a Praza de Oriente de Madrid reunía manifestantes de apoio ao ditador. No balcón, outra vez –atado e ben atado–, Francisco Franco e os Príncipes de España.Moncho Reboiras

Un mes antes, 12 de agosto de 1975, era asasinado en Ferrol Moncho Reboiras militante nacionalista da UPG.

No seu testamento, o ditador Francisco Franco sinala:

“Por el amor que siento por nuestra Patria, os pido que perseveréis en la unidad y en la paz y que rodeéis al futuro Rey de España, Don Juan Carlos de Borbón, del mismo afecto y lealtad que a mí me habéis brindado y le prestéis, en todo momento, el mismo apoyo de colaboración que de vosotros he tenido.”

Todo atado e ben atado. E, ademais, por varias xeracións.

Franco dando a man a Felipe de Borbón

Contra as ataduras, o pensamento de Reboiras –que importa que nos maten se deixamos semente de vencer– e a música de Sés:

Para saber máis:

Fotos: otros “momentos históricos” de la plaza de Oriente. elDiario.es.

El rey Juan Carlos I: “Franco me cogió la mano y me dijo que preservara la unidad de España”. Público.

Deixa un comentario

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies