Museo Carlos Maside: acceso á beleza

Museo Carlos Maside

Nado en Santiago de Compostela en 1920, a finais dos anos corenta, Isaac Díaz Pardo deixa Madrid para trasladarse a Galiza, ao mesmo tempo que cambia a pintura pola cerámica. Nos terreos do pazo da familia da súa compañeira, Carmen Arias Mimina–, no Castro de Samoedo (Sada), monta un pequeno taller cerámico. O resultado será a creación da Fábrica de Cerámica do Castro.

Museo Carlos Maside

As pezas do Castro comezan a comercializarse resultando un éxito. O papel de Mimina –debuxante e responsable da liña de xoias de porcelana de Sargadelos– foi moi importante.

Museo Carlos Maside

Tras o éxito do Castro, Isaac vai á Arxentina invitado para crear unha fábrica –Magdalena– seguindo o modelo do Castro.

O reencontro na Arxentina de Isaac con Luís Seoane dá como resultado o Laboratorio de Formas, un proxecto clave para a cultura galega do século XX, do que partirán propostas como a recuperación de Sargadelos. Ao proxecto do Laboratorio de Formas sumouse pronto Andrés Fernández–Albalat. Ademais de colaborar nas actividades, Albalat foi o autor do edificio da Fábrica de Sargadelos e proxectou tamén o Museo Carlos Maside.

Museo Carlos Maside

Como diciamos, ademais da recuperación de Sargadelos, o segundo dos proxectos que inaugurou o Laboratorio de Formas foi a creación do Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside, en 1970. O obxectivo do museo era conservar e exhibir as obras de arte galegas da xeración de artistas dos anos trinta do século pasado, que rompeu coas normas tradicionais da plástica galega e que era descoñecida como consecuencia da Guerra Civil.

Museo Carlos Maside

Un convenio entre o Laboratorio de Formas e Cerámicas do Castro deu lugar á creación do Museo, que se inaugurou o 18 de maio de 1970 cunha lección maxistral de Rafael Dieste. Tres salas da primeira planta dun edificio provisional cedido por Cerámicas do Castro.

En 1971, ampliouse o Museo cunha sala dedicada a exposicións temporais, inaugurada cunha mostra de gravados de Picasso e Miró.

Hai que salientar tamén o labor desenvolvido por Xosé Díaz, fillo de Isaac, programando sesións de cine no Museo.

No ano 1982, o Museo trasladouse á súa sede definitiva, ao edificio deseñado por Andrés Fernández–Albalat, unha construción de tres plantas, con doce salas de exposicións e un auditorio deseñado por Díaz Pardo.

Museo Carlos Maside

Será no ano 2006 cando Díaz Pardo –considerado unha figura clave para entender a Galiza contemporánea– é apartado do grupo de empresas que el mesmo creara como consecuencia dunha estratexia dos seus socios. Desde entón, a visión dunha Galiza grande e próspera que tiña Isaac quedou relegada a unha que ten máis que ver cunha simple fábrica de pratos.

Na actualidade, levantáronse numerosas voces pedindo que a declaración de Ben de Interese Cultural (BIC) que está tramitando a Xunta de Galiza, non se cinxa exclusivamente ao Museo, senón a todo o conxunto das Cerámicas do Castro. Do mesmo xeito, a xestión do Museo non pode levala quen renuncia á misión cultural do grupo Sargadelos, traizoando os proxectos fundacionais de Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane.

O Museo ten unha colección de 2100 obras, 500 delas en exposición permanente. Nas súas salas podemos ver –entre outros– obras de Castelao, Maruxa Mallo, Francisco Lloréns, Xesús Corredoira, Francisco Asorey, Arturo Souto, Laxeiro, Colmeiro, Maside, Luís Seoane, Eugenio Granell, Urbano Lugrís

Aviso de peche do museo Carlos MasideHai uns días, aparecía na prensa a noticia de que o administrador único de Sargadelos anunciaba o peche do Museo Carlos Maside, que só levaba reaberto desde xullo.

Unímonos á petición de BIC para todo o complexo do Castro e pedimos ter acceso á toda a beleza que contén o Museo Carlos Maside.

Deixa un comentario

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies