Un poema para agosto (I): Eduardo Pondal

Monumento a Pondal

Cando Eduardo Pondal (Ponteceso, 1835 – A Coruña, 1917) escribiu estes versos ben se daba conta que na mocidade está o futuro, neste caso o futuro da lingua galega. Un século despois, os versos do bardo de Ponteceso seguen vixentes.

FALADE GALEGO

 

Miniñas da Cruña,

d’ amabre despejo,

de falas graciosas

e pasos ligeiros,

deixá de Castilla

os duros acentos:

falade, miniñas,

falade gallego.

 

Cand’ é que vos ouzo,

a patria esquecendo,

falar esas duras

palabras de ferro,

non sei o que sufro,

non sei o que peno:

falade, miniñas,

falade gallego.

 

Mas cando falades

nos patrios acentos,

envoltos no voso

angélico alento,

parece que escuito

un canto do ceo:

falade, miniñas,

falade gallego

(Eduardo Pondal)

Lápida na casa de Pondal

Deixa un comentario

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies