Repensarmos a revolución: 1917-2017

A revolución rusa constitúe un dos fitos da historia do mundo do século XX. A primeira guerra mundial someteu a tensións brutais á sociedade rusa e provocou a caída do sistema zarista, que exercía un poder despótico e vivía na máis absoluta riqueza fronte á miseria e o desánimo do pobo ruso. Despois dunha efémera …

Olimpia Valencia, a médica que fixo de Rosalía

De Olimpia Valencia é sabido que foi a primeira galega licenciada en medicina con 19 matrículas de honra; tamén a primeira en se doutorar. E a primeira xinecóloga, porque non a deixaron ser neumóloga coa desculpa de que non estaba ben unha muller andar a auscultar o peito dun home. Posibelmente a primeira vez que …

Día da Patria

A II Asemblea Nacionalista celebrouse en Santiago de Compostela os días 7, 8 e 9 de novembro de 1919 para debater a posición do movemento Irmandiño diante da convocatoria de eleccións municipais para xaneiro de 1920, pois a Irmandade coruñesa era partidaria de concorrer a estas eleccións, e para coordinar o traballo xeral das Irmandades. …

Alba de Groria

Alba de groria é o discurso que Castelao pronunciou con motivo do Día da Patria Galega do ano 1948 no Teatro Argentino de Bos aires, nun acto organizado polo Centro Galego. Alba de groria foi a derradeira peza oratoria que Castelao enunciou e dá a medida da inmensa capacidade política e oratoria do seu autor. …

Escolma de textos de Lois Peña Novo

No mes de xullo de 1920 Lois Peña Novo tomou posesión da súa acta como concelleiro do Concello da Coruña, e con el chegaba por primeira vez o galego a un Salón de Plenos. No seu cargo fixo que a bandeira galega ondeara no Concello e con el comezou a lingua galega o seu proceso da normalización …

Ser Modou Modou

Cheikh Fayé naceu no Senegal e emigrou cumpridos xa os corenta, asentou na Coruña e despois duns anos traballando nunha empresa de ferralla, a crise deixouno na rúa. Hoxe sobrevive na venda ambulante e fai esforzos por integrarse e comprender Galiza e así un día decide escribir un blog, Senegaliza, Gade Escale – A Coruña, …

República Galega

A proclamación da República Galega é un feito moi descoñecido mais non menor da nosa historia. O detonante foi a paralización da construción dos camiños de ferro que debía unir Zamora coa Coruña. Por iso quen se coloca á cabeza da revolta será o movemento obreiro, apoiado polo galeguismo, mais tamén por figuras do independentismo …

Mariana Pineda non sabía bordar

Hai pouco escoitamos ao historiador Bernardo Maíz esta afirmación, ao fío das razóns para axustizar a Mariana Pineda, que lle roubamos para pormos titulo a esta reflexión á volta dos tópicos e medias verdades que sobre a participación das mulleres en diferentes loitas se fixo sempre e se continúa a facer. Lembramos aquel audiovisual que …

18 razóns (desesperadas) para falar galego na Coruña

Para ver a cara dos camareiros cando lles pides “un café con leite morno” ou “milfollas de sobremesa”. Para contaxiar a outros falantes. Si, falar galego pode ser contaxioso. Talvez non tanto como a mononucleose ou a clamidia, mais si como un catarriño leve. Para que os taxistas te chamen “galleguista” cando lles pides que …

2018, Ano de Luís Seoane

“Creo que o que uniformiza diminúe ao ser humano, que as diferenzas culturais enriquecen a humanidade. Nós queremos axudar a enriquecer ao mundo coa nosa diferenza” A Real Academia de Belas Artes instaurou no ano 2015 o DÍA DAS ARTES GALEGAS a celebrar o 1 de abril de cada ano. Escolleuse a data do 1 de …

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies