Xornadas Patrimonio e Memoria

Dise moitas veces que cada unha de nós é o que vive, o que sente, o que (re)coñece e o que lembra. Na AC Alexandre Bóveda e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) levamos un tempo traballando nun ciclo para amosar iniciativas cidadás, grupais ou individuais, comprometidas social e politicamente. Propostas que non son só multidisciplinares, …

Glosario feminista de peto

Pequeno agasallo para persoas perdidas. Cando dou un obradoiro de escrita, unha charla de achega á literatura escrita por mulleres ou algo semellante, veño notando que os homes –poucos, nunca superan o 10 por cento do grupo–, son participativos e ata fan preguntas! Case todas esas preguntas teñen a ver con conceptos básicos do feminismo …

Calendario 2019

TRABALLANDO XUNTAS para cambiar o mundo. Para o ano que se achega presentámosvos 12 historias de loitas colectivas, 12 historias de transgresión e rebeldía, 12 historias diversas de mulleres que TRABALLARON XUNTAS coa esperanza de tomar alento para ver o momento de nos libertar.* Quixemos facer un calendario de mulleres que foron capaces de abrir …

No camiño dun cancioneiro reivindicativo da muller

Se me rondan, que me ronden, eu non quero ser rondada, pois digo unha vez que non, non quero ser porfiada. Algúns dos cantos tradicionais galegos teñen sona de posuíren un marcado verniz misóxino, o que, sendo certo, constitúe unha característica común con outros cancioneiros hispánicos de orixe popular. No caso da Galiza, que é …

A avoa Maruxa

O Real Decreto do 23 de xullo de 1918, establecía que para acceder ao permiso de conducir había que dispoñer de: Certificado médico que demostrara as suficientes capacidades auditivas e visuais. Certificado de boa conduta. Ter entre 18 e os 77 anos. Os menores de idades e as mulleres tiñan que ter autorización paterna ou …

Ler non serve para nada

Porque os libros, dalgunha maneira, deséxannos. Chámannos. Abrámolos, pois. Escoitemos esa chamada. Había unha vez… Foi daquela cando… Dicía Scherezade… (Xavier Seoane) @s lector@s somos unha tribo amadora e resistente, sempre a facer apoloxía, falando de libros ou falando do desexo e gozo da lectura. Así que imos animarvos hoxe a que nestes días de …

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies