Fillo de Manuel Lugrís Freire –un dos fundadores da Real Academia Galega– e da pianista Purificación González, Urbano Lugrís González –tamén coñecido como Ulises Fingal– naceu na Coruña en 1908 e faleceu en Vigo en 1973. O 23 de decembro deste 2023 cúmprense cincuenta anos do falecemento do grande pintor coruñés. Unha boa data para …
Ciclo O Románico: Galicia na vangarda. Primavera 2023 Bloque I: os luns de Marzo a partir do día 13 ás 19.30 Bloque II- Abril luns 10 de abril e sábado 15 de abril Na Coruña Literaria fixámonos moito no Mapa Mundi do Beato do Burgo de Osma (circa 1086), unha obra que xunta arte e …
A Agrupación Cultural Alexandre Bóveda vén de acoller a presentación do caderno que conmemora o 50 aniversario do nacemento de Estudantes Revolucionarios Galegos (ERGA). Publicado pola Fundación Galiza Sempre, o caderno pretende lembrar e pór en valor a importancia que ERGA tivo na construción da arquitectura de autoorganización do pobo galego, así como o seu …
Cúmprense cen anos do pasamento –2 de febreiro de 1923– de Manuel Murguía. A primeira palestra no noso novo local –rúa Santo André, nº 36, 1º– tivo como tema o inxente traballo deste intelectual ao servizo de Galiza. Presentado polo profesor e presidente do Consello de Administración de Sermos Galiza S.A. Xoán Costa –que dixo …
CIDADE TATUADA NA PÉTREA PEL DO MAR A Agrupación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña vén de presentar na biblioteca do Circo de Artesáns o proxecto A CORUÑA LITERARIA. Comeza hoxe un camiño no que levamos meses traballando e que queremos dar a coñecer para buscar apoios e poder así contar A Coruña, como cidade da …
O 27 de xaneiro de 2023 pasará á historia da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda como o día no que estreamos novo local e novas ilusións. Arredor das 19:30 horas, a que xa é a nosa sede (rúa Santo André, n°36, 1° –dentro do Circo de Artesáns–) comezaba a encherse de invitadas para o esperado acto …
Un dos traballos nos que andamos metidos na Agrupación Cultural Alexandre Bóveda é en poñer o foco e visibilizar todo o que A Coruña ten feito arredor do libro e da lectura, xa que queremos ser unha das Cidades da literatura do mundo. A Coruña Literaria é o proxecto no que levamos xa un tempo …
Contra a desmemoria e o esquecemento, sabedoría e cultura. Saber da nosa historia e da nosa xeografía; da nosa literatura e da nosa música; saber de nós e do noso. Facer memoria para saber máis do pasado, saber que antes ca nós xa houbo xente loitando polos mesmas arelas que hoxe nos moven. No 2023 …
Que Galiza foi un Reino é algo que hoxe non ofrece dúbida. En realidade o primeiro reino medieval do que sería o xerme dunha Europa que no seu occidente estaba a piques de ver a caída do imperio romano. As estruturas do poder e a territorialidade estaban mudando e unha nova relixión, oficial desde había …
Miña casiña, meu lar, Cantas onciñas D’ ouro me vals! (Rosalía de Castro) Ano novo, casa nova. Dezaoito anos levabamos a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda na rúa Olmos da Coruña. Alí, no primeiro andar, do número 16–18, intentamos cumprir os obxectivos que ten a nosa asociación –fundada en 1976– e que se refiren á …