Canuto Berea na Coruña – Paseos en agosto XVIII

Placa da rúa Canuto Berea

Esta rúa da Coruña homenaxea o músico Canuto José Berea Rodríguez, nado nesta cidade en 1836. A el se lle debe que A Coruña contase co primeiro establecemento musical de Galiza. Estaba na Rúa Real, esquina á estreita rúa que hoxe leva o seu nome.

Rúa Canuto Berea

Canuto Berea foi empresario e músico –director de orquestra, violinista, pianista, profesor e compositor–. Xunto con Xoán Montes, Pascual Veiga e Castro Chané foi un dos pioneiros do orfeonismo galego.

Casa do concello da Coruña

Membro da Real Academia de Belas Artes de San Fernando e presidente da Academia Provincial de Belas Artes da Coruña –hoxe Real Academia Galega de Belas Artes–, Canuto Berea foi tamén deputado provincial e en 1889 chegou a ser alcalde da Coruña.

Falece en 1891 e os seus restos descansan no cemiterio coruñés de Santo Amaro.

Tumba de Canuto Berea

Unha das obras máis coñecidas de Canuto Berea é a muiñeira sinfónica A Alfonsina. Aquí interprétaa a Banda Municipal de Música da Coruña:

Susana de Lorenzo e Beatriz López–Suevos (ao piano) interpretan Un Sospiro de Canuto Berea:

Deixa un comentario

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies