Manuel e Urbano Lugrís na Coruña – Paseos en agosto XXXI

No cemiterio de Santo Amaro da Coruña descansan os restos do escritor Manuel Lugrís Freire. Nado en Sada en 1863, falecía na Coruña en 1940. Foi un dos principais animadores da política e da cultura galegas de principios do século XX. Manuel Lugrís foi director ou cofundador da Escola Rexional de Declamación, da Real Academia …

Álvaro Cebreiro na Coruña – Paseos en agosto XXX

Esta ilustración na Praza do Humor da Coruña rende homenaxe ao debuxante, ilustrador e caricaturista Álvaro Cebreiro. Nado na Coruña en 1903, Álvaro Cebreiro Martínez foi un artista precoz que con só dezaseis anos xa se deu a coñecer no xornal A Nosa Terra. Tamén con moi poucos anos de idade, Álvaro Cebreiro pública co …

María Casares na Coruña – Paseos en agosto XXIX

Nesta casa –número 12 da rúa Panadeiras– da Coruña naceu a actriz María Casares en 1922. Filla do avogado e político Santiago Casares Quiroga –foi ministro da II República Española durante o goberno de Azaña–, María Victoria Casares Pérez triunfou en Francia como actriz, onde residía como exiliada. Tiña 14 anos cando chegou a París …

María Wonenburger na Coruña – Paseos en agosto XXVIII

Este monolito no Paseo das Ciencias –no Parque de Santa Margarida da Coruña– rende homenaxe á matemática e investigadora María Josefa Wonenburger Planells. Nada en Montrove (Oleiros) en 1927, foi –como sinala a placa– unha “muller pioneira, destacada matemática que creou unha importante escola internacional de Álxebra”. Tras cursar os estudos secundarios no Instituto Eusebio …

María Barbeito na Coruña – Paseos en agosto XXVII

Este colexio da zona do Ventorrillo na Coruña leva o nome da pedagoga, escritora e profesora María Barbeito. Unha boa homenaxe a unha docente é darlle o seu nome a un colexio, neste caso, CEIP María Barbeito. Nada na Coruña en 1880 e logo de cursar a carreira, María Nicolasa Paula Barbeito Cerviño escolleu como …

Palabras arredor da Torre – Paseos en agosto XXVI

O protagonismo da construción que os romanos levantaron na Coruña foi e é tan grande que deu lugar –durante séculos– ao nome do lugar. Para Gonzalo Navaza –”A orixe literaria do nome da Coruña”, 2016–: “Durante centos de anos, e ata o século XIII, a vila e o porto que son hoxe A Coruña foron …

Fernández Flórez na Coruña – Paseos en agosto XXIV

A escultura da Praza do Humor da Coruña rende homenaxe ao escritor Wenceslao Fernández Flórez. Nado na Coruña en 1885, publicou arredor dunhas corenta novelas e libros de relatos de humor, caracterizados estes por un humor con moita retranca. Nos Xardíns de Méndez Núñez –enfronte do edificio da Terraza– atopamos outro monumento dedicado a Wenceslao …

Manuel Murguía – Paseos en agosto XXIII

Esta concorrida rúa da Coruña –na que se atopa o Estadio de Fútbol de Riazor– leva o nome dunha das persoas máis relevantes e influentes do Rexurdimento e das primeiras décadas do século XX: o historiador Manuel Antonio Martínez Murguía. Nado no Froxel (Arteixo) en 1833, Murguía casa con Rosalía de Castro en Madrid, en …

Muíños de vento na Coruña – Paseos en agosto XXII

“Mais, como demostrou o temporal destes días de novembro, esta segue a ser a Cidade do Vento. Como tal, en todas as representacións antigas, os outeiros da Coruña aparecen cheos de muíños de vento” (“A Cidade do Vento”, Contos da Coruña, de Xurxo Souto) Porque como segue afirmando Xurxo Souto: A Coruña, na súa península, …

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies