19.30 h

Presentación de “A Nación dos mil viños”

O mércores 21 de setembro, ás 19.30 horas, presentamos no noso local o libro A Nación dos mil viños. A guía galega para adentrarse no mundo do viño, de Martiño Santos Canosa e Xosé Gontá Sobrino, editado por Laiovento, con ilustracións de Toño Núñez Amigo-Rivadulla. Esta obra busca ser unha iniciación combinada á cultura do …

19.30 h

Centenario de Ousmane Sembène

O xoves 1 de decembro, ás 19.30 h, Martin Pawley falaranos do centenario de Ousmane Sembène. O 1 de xaneiro de 2023 fanse cen anos do nacemento de Ousmane Sembène, escritor e realizador senegalés que é xustamente recordado como o pai dos cinemas africanos. Pecharemos o ano rendendo homenaxe a un dos creadores fundamentais do …

19.30 h

Cinema portugués dos 80

O mércores 2 de novembro, ás 19.30 h, Martin Pawley falaranos do Cinema portugués dos 80. Para alén dos nomes maiores que iniciaron a súa carreira moito antes (Manoel de Oliveira, João Cesar Monteiro ou Paulo Rocha), a década dos 80 foi a do debut de cineastas valiosos como Joaquim Pinto ou Manuela Serra –que …

19.30 h

Hollywood ❤️ URSS

O xoves 6 de outubro, ás 19.30 h, Martin Pawley falaranos de Hollywood❤️URSS. A principios dos anos 40, no contexto da Segunda Guerra Mundial, a industria de Hollywood produciu varios filmes que daban unha imaxe positiva da Unión Soviética, país aliado no combate contra o fascismo. Nesta sesión repasaremos algúns deses títulos, ás veces realizados …

19.30 h

Inauguración da exposición “Hibridacións e outras mitoloxías”

O mércores 14 de setembro, ás 19.30 h, inauguramos no noso local a exposición Hibridacións e outras mitoloxías do artista plástico Martín Rincón. Hibridacións e outras mitoloxías   A orde é o pracer da razón mais a desorde é o pracer da imaxinación Paul Claudel   Na oposición razón/imaxinación proposta por Claudel, a orde e …

20.00 h

Roteiro pola Cidade Vella

O luns 19 de setembro faremos un percorrido pola Cidade Vella con Felipe Senén. Será un itinerario crítico pola historia, a arqueoloxía e a mitoloxía da Cidade Vella. Guía o roteiro Felipe Senén, arqueólogo e museólogo. O lugar de encontro para a partida será a entrada principal do Xardín de San Carlos (rúa San Francisco/rúa …

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies