19.00 h

Visita guiada á exposición “María Casares, actriz océano”

O luns 4 de xullo, ás 19 h, faremos unha visita guiada á exposición María Casares, actriz océano. Itinerario vital dunha exiliada coa comisaria da exposición, María Lopo. Esta mostra, no Quiosco Alfonso, de carácter divulgativo, concíbese como un achegamento integral á figura de María Casares. En palabras da comisaria, María Lopo, o seu obxectivo é …

19.00 h

Falemos da B, da bisexualidade

O mércores, 29 de xuño, ás 19 horas, teremos no noso local unha palestra baixo o título Falemos da B, da bisexualidade, con Patricia Freire, educadora social, experta en políticas de igualdade e activista bisexual e Sara Romero, activista Marcha Mundial das Mulleres. Achegarémonos ao coñecemento da bisexualidade, grande olvidada no activismo LGTB e na …

19.30 h

Presentación de “Palmeiras, piueiros”

O luns 27 de xuño, ás 19.30 h, presentamos no noso local o libro Palmeiras, piueiros, de Anxo Angueira, editado por Chan da Pólvora Editora. A palabra e a voz son un principio de pracer en Palmeiras, piueiros, o libro co que Anxo Angueira regresa á poesía tras quince anos de silencio. Porén, non se trata …

19.00 h

Inauguración da exposición “A cidade da Coruña, wrapped”

O martes 28 de xuño, ás 19 horas, inauguramos no noso local da rúa Olmos, a exposición A cidade da Coruña, wrapped, de Violeta Chouciño Veiga. Son unha serie de fotografías, feitas en agosto de 2021, e que representan un lixeiro guiño aos artistas Christo e Jean-Claude, pois céntrase nas numerosas fachadas que algunha vez …

19.00 h

Presentación de “Os anos do silencio”

O venres 17 de xuño, ás 19 horas, presentamos o libro de Xerais Os anos do silencio, de Xosé Álvarez Castro. Con Os anos do silencio amplía tanto espacial como temporalmente a investigación iniciada na obra anterior Pontevedra nos anos do medo da que está practicamente esgotada a 2ª edición. O libro analiza as características que tiveron a represión …

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies