19.30 h

Presentación de “Palmeiras, piueiros”

O luns 27 de xuño, ás 19.30 h, presentamos no noso local o libro Palmeiras, piueiros, de Anxo Angueira, editado por Chan da Pólvora Editora. A palabra e a voz son un principio de pracer en Palmeiras, piueiros, o libro co que Anxo Angueira regresa á poesía tras quince anos de silencio. Porén, non se trata …

19.00 h

Inauguración da exposición “A cidade da Coruña, wrapped”

O martes 28 de xuño, ás 19 horas, inauguramos no noso local da rúa Olmos, a exposición A cidade da Coruña, wrapped, de Violeta Chouciño Veiga. Son unha serie de fotografías, feitas en agosto de 2021, e que representan un lixeiro guiño aos artistas Christo e Jean-Claude, pois céntrase nas numerosas fachadas que algunha vez …

19.00 h

Presentación de “Os anos do silencio”

O venres 17 de xuño, ás 19 horas, presentamos o libro de Xerais Os anos do silencio, de Xosé Álvarez Castro. Con Os anos do silencio amplía tanto espacial como temporalmente a investigación iniciada na obra anterior Pontevedra nos anos do medo da que está practicamente esgotada a 2ª edición. O libro analiza as características que tiveron a represión …

19.30 h

Presentación de “Soños no limiar”

O mércores 15 de xuño, ás 19.30 h, presentamos no noso local o libro Soños no limiar, de Fatema Mernissi, publicado por Edicións Laiovento. Soños no limiar foi a única novela de Fatema Mernissi. A autora narra unha falsa autobiografía sobre a súa infancia nun harén de Fez nos anos corenta do século XX. A …

19.30 h

LarLilás: un proxecto de cohousing senior participativo

O xoves 9 de xuño, ás 19.30 h, coñeceremos o proxecto LarLilás, un proxecto de cohousing senior participativo para outra vellez, presentado por Nieves Rodríguez Brisaboa. LarLilás é unha asociación sen ánimo de lucro cuxo obxectivo é desenvolver un proxecto de creación dunha comunidade cun modelo de atención integral e coidados centrado nas persoas, que …

19.00 h

Antonia Ferrín Moreiras e outras mulleres astrónomas

O venres 10 de xuño, ás 19 horas, Nuria Richer,  coordinadora do grupo Muller e Astronomía da Agrupación Astronómica Coruñesa Io, falaranos do proxecto que están a levar a cabo co fin de incluír no rueiro municipal da Coruña unha rúa co nome da astrónoma galega Antonia Ferrín Moreiras, a primeira muller que realizou unha …

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies