19.30 h

Detección precoz e xestión das enfermidades reumáticas

O luns 11 de xullo, ás 19.30 h, en colaboración coa Liga Reumatolóxica Galega, organizamos no noso local unha sesión informativa sobre as ERyMEs (Enfermidades reumáticas e musculoesqueléticas). É necesario concienciar á sociedade en xeral do impacto das enfermidades reumáticas crónicas sobre as persoas, as familias e a sociedade, así como da necesidade dun diagnóstico precoz …

19.30 h

Presentación de “A grande Transformaçom”

Na quarta-feira 13 de julho, ás 19.30 h, presentamos A grande Transformaçom de Karl Polanyi, traduzida por Claudio López Garrido, publicado por Laiovento. Após anos de relativa obscuridade, A Grande Transformaçom, é reconhecida cada vez mais como umha das principais obras da ciência social do século XX. É uma referência indispensável nos debates atuais sobre a …

19.00 h

Visita guiada á exposición “María Casares, actriz océano”

O luns 4 de xullo, ás 19 h, faremos unha visita guiada á exposición María Casares, actriz océano. Itinerario vital dunha exiliada coa comisaria da exposición, María Lopo. Esta mostra, no Quiosco Alfonso, de carácter divulgativo, concíbese como un achegamento integral á figura de María Casares. En palabras da comisaria, María Lopo, o seu obxectivo é …

19.00 h

Falemos da B, da bisexualidade

O mércores, 29 de xuño, ás 19 horas, teremos no noso local unha palestra baixo o título Falemos da B, da bisexualidade, con Patricia Freire, educadora social, experta en políticas de igualdade e activista bisexual e Sara Romero, activista Marcha Mundial das Mulleres. Achegarémonos ao coñecemento da bisexualidade, grande olvidada no activismo LGTB e na …

19.30 h

Presentación de “Palmeiras, piueiros”

O luns 27 de xuño, ás 19.30 h, presentamos no noso local o libro Palmeiras, piueiros, de Anxo Angueira, editado por Chan da Pólvora Editora. A palabra e a voz son un principio de pracer en Palmeiras, piueiros, o libro co que Anxo Angueira regresa á poesía tras quince anos de silencio. Porén, non se trata …

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies