O mércores, 22 de xuño, ás 19.30 horas, dentro das palestras que organizamos no centenario de María Casares, José Manuel Sande falaranos da sutileza nos fragmentos: o cine de María Casares. Neste itinerario pola relación da actriz María Casares co cine auscultamos uns inicios ilusionantes, nos que o seu talento fai tremer títulos coma Os …
O mércores 25 de maio, ás 19.30 horas, presentamos no noso local o documental María Miramontes, tecedora dun país, con guión é de Ana Viqueira, Iago Prada e Diego Frey. A vida de María Miramontes estivo próxima a ficar no esquecimento. A súa invisibilización ten dous motivos: ser muller e vítima da represión franquista. Filla de …
O venres 3 xuño, ás 19 horas, dentro das palestras que organizamos no centenario de María Casares, Arancha Estévez falaranos do mar da Coruña na biblioteca da exiliada. Actriz venerada. Gran tráxica. Amante do risco. Ousada. Sempre a contracorrente. María Casares, filla do último xefe de goberno da II República, Santiago Casares Quiroga, ten que …
O venres 27 de maio, ás 19 horas, falaremos de Feminismos de aquí e acolá. Mulleres creando. Loita concreta contra a violencia machista. No ano 2019, Solidariedade Internacional de Galicia coñece ao colectivo feminista Mujeres Creando, referente político e social en Bolivia pola seu traballo contra a violencia machista no país andino. A través deste …
O mércores, 18 de maio, ás 19.30 h, Antonio Brea Ramos ofrécenos unha palestra baixo o título O texto e o contexto: algunhas consideracións arredor da guerra na Ucraína. A charla tentará ofrecer algunhas claves para entender o actual conflito bélico en Ucraína co obxectivo de superar o relato simplista, terxiversado e emocional que se …
O luns, 30 de maio, ás 19.30 h, Juan Alberto Turnes, economista e profesor da USC, vainos falar sobre Máis alá das balanzas fiscais: unha revisión da política redistributiva do Estado, dentro do ciclo Pensando o Futuro. A ponencia ten por obxectivo poñer de manifesto cales son os fluxos fiscais entre Galicia e o Estado e …