19.30 h

Presentación de “Luísa Villalta. Alma de violino”

O xoves 21 de decembro, ás 19.30 h, presentaremos no noso local o libro Luísa Villalta. Alma de Violino, de Beatriz Maceda e Eli Ríos, con ilustracións de Laura Suárez, editado por Xerais. Luísa Villalta soubo escoitar o silencio e a realidade que lle tocou vivir e plasmalo na súa obra. Comprometida e coherente, teceu …

19.30 h

Francisco Fdez. Del Riego, F. Delgado Gurriarán e Valdeorras

O luns 18 de decembro, ás 19.30 h, Ricardo Gurriarán falaranos de Francisco Fernández Del Riego, Florencio Delgado Gurriarán e Valdeorras, dentro das actividades organizadas co colectivo Valdeorras Infinda. A relación entre Francisco Fernández del Riego (Letras Galegas 2023) e Florencio Delgado Gurriarán (Letras Galegas 2022) foi moi intensa, máis aló dun simple recoñecemento mutuo …

21.30 h

Entrega do premio Marcelino Liste

A IV edición do Premio Marcelino Liste Xustiza e Liberdade outórgase a ACAMPA POLA PAZ E O DEREITO A REFUXIO, unha organización sen ánimo de lucro, centrada na defensa dos Dereitos Humanos e o Dereito a Refuxio. A súa actividade principal é a sensibilización da cidadanía como única forza capaz de conformar un cambio positivo …

19.00 h

Presentación de “O mar dos papeis”

O venres 15 de decembro, ás 19 horas, Federico A. Rioboo presentará no noso local o seu libro O mar dos papeis. A obra cuestiona quen é máis home, o que queda a cuidar da familia o quen marcha loitar por un país que non está en guerra? Pais e país, aí está a cuestión, …

19.30 h

A Coruña e o cinema 4. Sinais de serenidade

O xoves 14 de decembro ás 19.30h, Martin Pawley falaranos da Coruña e o cinema 4. Sinais de serenidade. No tránsito do século XX ao XXI cambiou por completo a exhibición cinematográfica: dixemos adeus ás salas tradicionais en favor dos multicines asociados a centros comerciais, mais o incremento do número de pantallas non favoreceu unha …

19.30 h

Grandes obras do Barroco galego en Compostela

O mércores 13 de decembro, ás 19.30 h, e dentro do ciclo As Artes no Barroco, Ramón Yzquierdo Perrín falaranos das Grandes obras do Barroco galego en Compostela. O profesor Yzquierdo Perrín explicará a través de tres monumentos singulares o barroco da segunda metade do século XVII e primeira metade do século XVIII. Ramón José …

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies