19.00 h

Diálogo poético Palestina-Galiza e performance: Xogos de crianzas

O xoves 21 de marzo, ás 19 h, o espazo diante da igrexa de Santo André será o escenario do Diálogo poético Palestina-Galiza e a performance Xogos de crianzas. No diálogo poético Galiza-Palestina participan Ánxeles Penas, Emma Pedreira, Ramiro Torres, Begoña Paz, Estíbaliz Espinosa, Sahar Shatat e Inma Doval. Para alén de poemas propios, leranse poemas de …

19.30 h

As luces dos libros na cidade do Faro

O mércores 20 de marzo, ás 19.30 h, presentarase no noso local As luces dos libros na cidade do Faro, de Arturo Iglesias. Dentro do proxecto A Coruña Literaria vimos de publicar As luces dos libros na cidade do faro, un libro de debuxos, da autoría de Arturo Iglesias, que é a nosa homenaxe ás …

19.30 h

Presentación de “Entre liñas” e “Retallos do mundo”

O luns 18 de marzo, ás 19.30 h, presentaremos os libros Entre liñas e Retallos do mundo, do xornalista Óscar Losada Castro. Retallos do Mundo é o sétimo libro de Óscar Losada. Algunhas das 43 historias que aparecen neste libro semellan falsas, mais foron realidade. Os diálogos ficcionados quizais non estean tan lonxe dos que …

19.00 h

Ciclo de cinema Palestina Libre: Sesión Jocelyne Saab, 2

O venres 15 de marzo, ás 19.00 h, e dentro do ciclo de cinema para dar visibilidade ao conflito palestino, teremos unha nova sesión na que continuaremos poñendo o foco na directora Jocelyne Saab. Nacida en Beirut en 1948, Jocelyne Saab empezou a traballar a comezos dos 70 como xornalista e reporteira de guerra e …

19.30 h

Presentación de “As escumas da letra. Biobibliografía de Luísa Villalta”

O xoves 14 de marzo, ás 19.30 h, presentaremos o libro As escumas da letra. Biobibliografía de Luísa Villalta, Esperanza L. Mariño Davila, editado por Baía Edicións. A teor do subtítulo do libro, na biografía, con sólidas raíces na cidade da Coruña e na súa prolongación atlántica, pódese percibir a evolución da escritora, a configuración …

20.30 h

Inaugurar o tempo da xustiza. Celebrando a Luísa Villalta

A Federación de Asociacións Culturais Galiza Cultura, da que ACAB fai parte, organiza o mércores 6 de marzo, día do nacemento da escritora Luísa Villalta á que dedicamos este ano as Letras Galegas, ás 20.30 h, un acto de homenaxe a Luísa Villalta, no teatro Rosalía de Castro, onde a literatura e a música teñen …

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies