18.00 h

Curso de iniciación á astronomía

No mes de abril comezamos un curso de iniciación á astronomía, impartido pola Agrupación Astronómica Coruñesa Ío. Será os sábados 6, 13 e 20 de abril ás 18 horas. O programa das sesions é o seguinte: 1ª sesión. O noso lugar no Universo: como cambiou ao longo da historia o noso coñecemento do cosmos. O …

19.00 h

Polavila Xabier P. Docampo. Na memoria

O venres, 5 de abril, o Fórum Metropolitano da Coruña será o escenario dunha xornada de homenaxe ao escritor Xabier P. DoCampo. Este evento está organizado pola AELG, a Iniciativa Polavila+Docampo, e o Concello da Coruña, e nel colaboran a asociación galega do libro infantil e xuvenil (GALIX) e a agrupación cultural Alexandre Bóveda. Os …

19.30 h

DirectorAs: Cineastas americanas nos anos 70

O xoves 4 de abril, ás 19.30 h, Martín Pawley ofrece no noso local, dentro do ciclo Outras historias de cinema, unha nova palestra sobre as cineastas americanas nos anos 70. Son pouco máis dunha ducia as mulleres directoras que estrearon filmes de ficción nos anos 70, e cóntanse cos dedos dunha man as que …

19.30 h

Ah dos Vitoriosos! O Monumento a Curros Enríquez. 1928-1934

O 1 de abril é o Día das Artes Galegas que neste 2024 se dedica a Francisco Asorey. Para celebralo, organizamos nese día, ás 19.30 h, unha palestra a cargo de Iria-Friné Rivera, que nos fará un achegamento ao monumento a Curros, nos Xardíns de Méndez Núñez, do escultor Asorey. Semellante a un bardo no …

18 h

Visita ao estudo de Gosia Trebacz

O venres 22 de marzo, ás 18 h, faremos unha visita ao estudo de Gosia Trebacz, na rúa Fray Pedro Payo Piñeiro, 2. Nada en Cracovia e residente na Coruña desde hai moitos anos, Gosia Trebacz traballa a pintura, fotografía, audiovisuais, deseño gráfico, directora de STO LAT, obradoiro de arte_ laboratorio de ideas e directora …

12.00 h

Café com Português

O sábado 16 de marzo, ás 12 h, presentarase no noso local o espazo literário Café com Português. O Café com Português é un espazo dedicado á cultura en galego-portugués, divulgando libros, artigos, poesía, música e intercambiando experiencias. Nesta ocasión, a profesora, investigadora e escritora Thayane Gaspar estará na cidade da Coruña e teremos a …

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies