19.00 h

María Casares: O mar da Coruña na biblioteca da exiliada

O venres 3 xuño, ás 19 horas, dentro das palestras que organizamos no centenario de María Casares, Arancha Estévez falaranos do mar da Coruña na biblioteca da exiliada. Actriz venerada. Gran tráxica. Amante do risco. Ousada. Sempre a contracorrente. María Casares, filla do último xefe de goberno da II República, Santiago Casares Quiroga, ten que …

19.00 h

Feminismos de aquí e acolá

O venres 27 de maio, ás 19 horas, falaremos de Feminismos de aquí e acolá. Mulleres creando. Loita concreta contra a violencia machista. No ano 2019, Solidariedade Internacional de Galicia coñece ao colectivo feminista Mujeres Creando, referente político e social en Bolivia pola seu traballo contra a violencia machista no país andino. A través deste …

19.30 h

O texto e o contexto: algunhas consideracións arredor da guerra na Ucraína

O mércores, 18 de maio, ás 19.30 h, Antonio Brea Ramos ofrécenos unha palestra baixo o título O texto e o contexto: algunhas consideracións arredor da guerra na Ucraína. A charla tentará ofrecer algunhas claves para entender o actual conflito bélico en Ucraína co obxectivo de superar o relato simplista, terxiversado e emocional que se …

19.30 h

Máis alá das balanzas fiscais

O luns, 30 de maio, ás 19.30 h, Juan Alberto Turnes, economista e profesor da USC, vainos falar sobre Máis alá das balanzas fiscais: unha revisión da política redistributiva do Estado, dentro do ciclo Pensando o Futuro. A ponencia ten por obxectivo poñer de manifesto cales son os fluxos fiscais entre Galicia e o Estado e …

19.30 h

A construción da memoria posible

O luns, 6 de xuño, ás 19.30 h, Manuel Gago, xornalista cultural, falaranos sobre a construción da memoria posible: dez obras e espazos para un novo imaxinario galego, dentro do ciclo Pensando o Futuro. A partir do século XIX, en Europa sucedéronse importantes procesos de construción das identidades nacionais a partir da cultura, que se …

19.30 h

Prosperar sen crecemento

O luns, 20 de xuño, ás 19.30 h, Mario Pansera, investigador Distinguido GAIN, vainos falar sobre prosperar sen crecemento, dentro co ciclo Pensando o futuro. As grandes relixións así como as ideoloxías totalizadoras xa non guían as sociedades contemporáneas. Hoxe o elemento central dos nosos esforzos é a relixión do crecemento infinito, unha relixión predicada …

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies