12.00 h

Lectura pública da obra de Florencio Delgado Gurriarán

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda e o grupo Valdeorras Infinda celebraremos as Letras Galegas coa lectura pública da obra de Florencio Delgado Gurriarán, autor homenaxeado este 2022. Será o domingo, 15 de maio, ás 12 h, diante do Teatro Rosalía de Castro. Estades todas convidadas a …

19.30 h

A dignificación dun oficio

O luns 9 de maio, ás 19.30 h, teremos a primeira das palestras do ciclo Pensando o Futuro. Elena Ferro falaranos da dignificación dun oficio. Ela pertence á terceira xeración dunha familia especializada na elaboración de zocos de madeira que data do ano 1915. Elena coa súa marca Eferro logrou transformar a mentalidade respecto a …

19.30 h

Presentación do volume 43-44 de “Murguía, Revista Galega de Historia”

O mércores 11 de maio, ás 19.30 h, presentaremos o volume 43-44 de Murguía, Revista Galega de Historia, coa presenza de Uxío-Breogán Diéguez Cequiel e Iria-Friné Rivera Vázquez. Murguía, Revista Galega de Historia celebrará o vindeiro ano 2023 o seu vinte aniversario. Desde hai dúas décadas Murguía, RGH ten publicado arredor de cincocentos textos, entre …

19.00 h

Presentación do libro “Ricardo Carvalho Calero. Obra literaria”

O venres 6 de maio, ás 19 h, presentamos o libro Ricardo Carvalho Calero. Obra literaria: poesía, teatro e narrativa, editado por Biblos. Por virtude deste volume, a poesía, o teatro e a narrativa completas de Carvalho Calero volven estar accesíbeis para o pobo a que el entregou a súa vida. Supón unha achega fundamental …

19.30 h

Palestra arredor do espectáculo teatral “Libre coma os paxaros”

O mércores 4 de maio, ás 19.30 h, organizamos no noso local da rúa Olmos, 16, unha palestra sobre o proceso de creación do espectáculo teatral Libre coma os paxaros, con Rosalía de Castro como protagonista única nun monólogo dramático que transita polas duras circunstancias que determinan a súa vida e a da maioría de …

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies