19.30 h

A construción da memoria posible

O luns, 6 de xuño, ás 19.30 h, Manuel Gago, xornalista cultural, falaranos sobre a construción da memoria posible: dez obras e espazos para un novo imaxinario galego, dentro do ciclo Pensando o Futuro. A partir do século XIX, en Europa sucedéronse importantes procesos de construción das identidades nacionais a partir da cultura, que se …

19.30 h

Prosperar sen crecemento

O luns, 20 de xuño, ás 19.30 h, Mario Pansera, investigador Distinguido GAIN, vainos falar sobre prosperar sen crecemento, dentro co ciclo Pensando o futuro. As grandes relixións así como as ideoloxías totalizadoras xa non guían as sociedades contemporáneas. Hoxe o elemento central dos nosos esforzos é a relixión do crecemento infinito, unha relixión predicada …

12.00 h

Lectura pública da obra de Florencio Delgado Gurriarán

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda e o grupo Valdeorras Infinda celebraremos as Letras Galegas coa lectura pública da obra de Florencio Delgado Gurriarán, autor homenaxeado este 2022. Será o domingo, 15 de maio, ás 12 h, diante do Teatro Rosalía de Castro. Estades todas convidadas a …

19.30 h

A dignificación dun oficio

O luns 9 de maio, ás 19.30 h, teremos a primeira das palestras do ciclo Pensando o Futuro. Elena Ferro falaranos da dignificación dun oficio. Ela pertence á terceira xeración dunha familia especializada na elaboración de zocos de madeira que data do ano 1915. Elena coa súa marca Eferro logrou transformar a mentalidade respecto a …

19.30 h

Presentación do volume 43-44 de “Murguía, Revista Galega de Historia”

O mércores 11 de maio, ás 19.30 h, presentaremos o volume 43-44 de Murguía, Revista Galega de Historia, coa presenza de Uxío-Breogán Diéguez Cequiel e Iria-Friné Rivera Vázquez. Murguía, Revista Galega de Historia celebrará o vindeiro ano 2023 o seu vinte aniversario. Desde hai dúas décadas Murguía, RGH ten publicado arredor de cincocentos textos, entre …

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies