19.30 h

Presentación de “O portugués esquecido. O galego e os dialectos portugueses setentrionais”

O xoves 14 de outubro, ás 19,30 h, presentamos no noso local o libro O portugués esquecido. O galego e os dialectos portugueses setentrionais de Xosé Manuel Sánchez Rei. Durante séculos, a oralidade popular das rexións setentrionais de Portugal conservou trazos fonéticos, gramaticais e lexicais que corresponden, na actualidade, a elementos idiosincráticos diferenciadores do galego …

19.30 h

O galeguismo no exilio mexicano

O xoves 16 de decembro, ás 19.30 horas, Uxío-Breogán Diéguez ofrécenos a palestra titulada O galeguismo no exilo mexicano. Uxío-Breogán Diéguez Cequiel é doutor en Historia Contemporánea pola Universitat de Barcelona. Profesor da Universidade da Coruña, na que é director da Cátedra de Memoria Histórica. Autor de numerosas investigacións e libros sobre historia política e …

19.00 h

O aquí e agora dos abusos na infancia: abordaxe legal e psicolóxico

O venres 15 de outubro, ás 19 horas, e dentro do ciclo Mulleres e realidades comúns, coordinado por Cristina Bajo, coa colaboración da Marcha Mundial das Mulleres, ofrecemos no noso local a palestra O aquí e agora dos abusos na infancia: abordaxe legal e psicolóxico, con Mercedes Sierra, avogada e mediadora, e Lucía Rodríguez Lago, …

19.30 h

A regulación da eutanasia: razóns dun novo dereito

O xoves 30 de setembro ás 19.30 h, no noso local da rúa Olmos desenvolverase unha palestra co título A regulación da eutanasia: razóns dun novo dereito, a cargo de Miguel Anxo García Álvarez. O recoñecemento do dereito á eutanasia en determinadas situacións nas que se poden atopar as persoas, xeralmente por razóns de enfermidade, …

19.30 h

Presentación de “Ao abeiro da amizade. Epistolario 1926-1976”

O mércores 29 de setembro ás 19.30 h, presentamos no noso local o libro, publicado por Editorial Galaxia, Ao abeiro da amizade. Epistolario 1926-1976 de Xosé Ramón Freixeiro. Este libro, editado por Xosé Ramón Freixeiro Mato, recolle a correspondencia entre dous vultos da cultura galega contemporánea: Ramón Otero Pedrayo e Sebastián Martínez-Risco. Máis de …

19.30 h

As letras de Florencio. O éxito dun proxecto

O 6 de outubro, ás 19.30 horas, Débora Álvarez Moldes ofrécenos a palestra titulada As letras de Florencio. O éxito dun proxecto. Introdución poética da man de Paco Campos. A continuación, Débora Álvarez Moldes achegaranos o percorrido vital de Florencio Delgado Gurriarán e das iniciativas públicas e privadas que se puxeron en marcha para reivindicar …

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies