19.00 h

El mundo entre os ríos Eo e Navia: lingua e cultura

O xoves 23 de decembro, ás 19 horas, Miguel Rodríguez Monteavaro falaranos do mundo entre os ríos Eo e Navia: lingua e cultura. Nesta comunicación vaise facer unha revisión do que é o Eo-Navia: un territorio que administrativamente pertence a Asturias, mais que partilla moitos trazos culturais con Galicia, entre eles, a lingua. Dende un …

19.00 h

Lei do só SI é SI: unha loita sobre o evidente

O venres 17 de decembro ás 19 h falaremos da Lei do SI é SI: unha loita sobre o evidente, con Rocío Saavedra, politóloga feminista. A lei orgánica de garantía integral da liberdade sexual debuxa unha sociedade na que o consentemento positivo é o requisito de toda relación sexual. Deste xeito, todo acto non consentido …

19.00 h

Presentación do documental “Xela Arias, poeta nas marxes”

O mércores 15 de decembro, ás 19 horas, proxectaremos no noso local o documental de Beatriz Pereira Xela Arias, poeta nas marxes. Trátase dun documental arredor da figura de Xela Arias, poeta e tradutora galega. A partir dos testemuños de Marga do Val, Xosé María Álvarez Cáccamo, María Xesús Nogueira, Manuel Bragado, Susana Trigo e …

12.00 h

Roteiro: O casal Rosalía de Castro e Manuel Murguía

O sábado día 4 de decembro continuamos celebrando os 150 anos de Rosalía na Coruña. Nesta ocasión, Xosé Luís Axeitos guiaranos no roteiro que leva como título O casal Rosalía de Castro-Manuel Murguía. Un roteiro polos espazos coruñeses da familia Castro-Murguía non ten valor rememorativo para turistas ocasionais de fin de semana. Responde ao deber …

19.00 h

Racismo e xenofobia na Coruña

Presentación do Informe Anual O venres, 10 de decembro, ás 19 horas, SOS RACISMO GALICIA presentará no noso local o seu Informe Anual, con especial indicación da desagregación dos datos recadados na cidade da Coruña. Trátase dun análise e revisión das vulneracións de dereitos recollidas e xestionadas dende a Oficina de Información e denuncias nun …

20.00 h

O modelo do Big Bang e a xestación do Universo

O luns 13 de decembro, ás 20 horas, Ramón Vilalta presentaranos o seu libro O modelo do Big Bang e a xestación do Universo. ‘Big bang’ foi o termo empregado polo científico Fred Hoyle, nunha entrevista de radio do 1949, para ridiculizar unha idea, un modelo; pero este evolucionou e os sucesivos ‘modelos big bang’ …

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies