19.30 h

Presentación de “En terra rara”

O luns 24 de xaneiro, ás 19.30 h, o escritor melidense Xosé de Cea presentará a súa novela En terra rara. En terra rara aborda a problemática xerada polos conflitos creados por compañías mineiras ao querer realizar a súa actividade en zonas habitadas nas que a terra a explotar é o principal sustento das familias …

19.30 h

Presentación de “Acoso e demolición do sistema público de ensino”

O luns 31 de xaneiro, ás 19.30 h, presentamos no noso local o libro de Xosé Ramón Branco Buxán, Acoso e demolición do sistema público de ensino. Covid-19: causa ou escusa?, publicado por Edicións Laiovento. Este ensaio identifica no sistema educativo unha serie de subxectividades e de arquitecturas organizativas que forman parte da cultura neoliberal …

19.30 h

Florencio Delgado Gurriarán: poeta valdeorrés, republicano e galeguista

O mércores 12 de xaneiro, ás 19.30 h, e dentro do ciclo Valdeorras infinda, Ricardo Gurriarán falaranos de Florencio Delgado Gurriarán: poeta valdeorrés, republicano e galeguista. Nesta palestra, Ricardo Gurriarán analizará a figura do poeta valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán, a quen a Real Academia Galega dedicou o Día das Letras Galegas de 2022 polo seu …

19.00 h

Presentación de ⊙ [círculo dentro do círculo]

O mércores 29 de decembro ás 19 h, preséntase no noso local o libro de poemas ⊙ de Inma Doval Porto, con colaxes de Emma Pedreira, autoras que guiarán acto. A autora brasileira Laura Erber escribiu un texto para as capas onde indica: “Este é um livro raro, que nos arrasta para dentro dos …

19.00 h

Presentación de “A abertura da boca” de Carlos Callón

O luns 27 de decembro, ás 19 horas, presentamos no noso local o libro de Carlos Callón A abertura da boca. No Antigo Exipto existiu un ritual relixioso que recibiu o nome de “abertura da boca”, uep-rá. Con el, conseguíase que unha momia recuperase as funcións de alimentarse, comer, beber, respirar e ollar, ou ben que …

19.00 h

Presentación de “Un edén diferente”

O mércores 22 de decembro, ás 19 horas, presentamos no noso local o libro Un edén diferente/A different Eden. En diálogo entre nós e coa nosa contorna, uns 40 poetas contemporáneos de Irlanda e Galicia falan desde a beira atlántica de Europa, desde o salvaxe dirían algúns, ata o meollo da cuestión: o noso mundo …

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies