19.00 h

A pescaría: historias e sinestesias

O luns 12 de setembro faremos un percorrido pola Pescaría, coa guía de Carmela Galego, historiadora da arte e divulgadora. O vento mareiro deixa na Pescaría un olor a océano que case se pode tocar. Brétemas envoltas en olores e sabores, o son dunha gaita misturándose co das badaladas. Neste roteiro faremos unha viaxe sensitiva …

19.30 h

Presentación de “A Música das buguinas”

BellónMaceiras (Daniel Bellón e Diego Maceiras) presenta o seu primeiro conto musicado dirixido ao público infantil e familiar. A partir do texto de Pepablo Patinho, BellónMaceiras constrúe a banda sonora de A Música das buguinas cunha selección de temas populares e composicións propias. O conto está ilustrado por Leandro Lamas e narrado por Gloria Mosquera …

19.00 h

Ascenso á Pena da Vixía con Xurxo Souto

O luns 5 de setembro, ás 19 horas, ascenderemos ata a Pena da Vixía. Situada en Monte-Alto, ao pé do depósito de augas, a Pena da Vixía é un lugar moi significado dende tempos antigos. Alí atopou Francisco Tettamancy a rocha cos petróglifos que se custodia no Museo do Castelo de San Antón. Alí estaba situada a …

19.30 h

Día da Galiza Mártir

A Irmandade Galega de Arxentina, presidida por Castelao, decidiu instituír, no día 17 de agosto, coincidindo co aniversario do fusilamento de Bóveda, o Día da Galiza Mártir. Nesta data, personificando en Alexandre Bóveda, figura clave para o nacionalismo galego, fundador e logo secretario de organización do Partido Galeguista, vítima da barbarie fascista vilmente asasinado na …

19.00 h

Charla-coloquio sobre o libro “Calibán e a bruxa”

O martes 19 de xullo, ás 19 horas, no noso local falaremos sobre o libro Calibán e a bruxa, de Silvia Federici. Neste encontro, con Cristina Bajo, socióloga e activista feminista, faremos unha reflexión e debate sobre as cuestión que propón no libro a autora. Calibán e a bruxa é un clásico e un referente …

19.00 h

Proxección do documental “Fíos Fóra”

O luns 18 de xullo, ás 19 horas, proxectaremos no noso local o documental Fíos Fóra, de Illa Bufarda para Amarante Setem. Por moi finos que sexan, detrás de tódolos fíos que nos rodean hai historias. As mulleres galegas que traballaron no sector téxtil dende os 60 foron a man de obra perfecta e cautiva …

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies