20.00 h

Visita guiada á biblioteca do Circo de Artesáns

O luns 8 de maio, ás 20 h, faremos unha visita guiada á biblioteca do Circo de Artesáns, con Marcelino Abuín. A biblioteca do Circo de Artesáns contén valiosos libros e documentos únicos. Esta biblioteca é das máis antigas da cidade e nace vinculada á entidade senlleira do Circo que desde a súa creación, en …

10.30 h

Visita guiada polo románico coruñés

O sábado 6 de maio, ás 10.30 h, faremos unha visita guiada polo románico coruñés con María Dolores Barral. Visitaremos a Colexiata de Santa María do Campo, de estilo románico tardío e a igrexa de Santiago, o templo máis antigo da cidade, onde se reunía, no seu adro, o concello ata o século XV. María …

12.00 h

Lectura pública no Día das Letras Galegas

Como cada ano, a AC Alexandre Bóveda e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega festexamos AS LETRAS GALEGAS cunha lectura pública. Facémolo sempre no domingo anterior ao 17 de maio. Queremos convidarte a participar desta lectura pública das LETRAS GALEGAS 2023 o domingo 14 de maio, ás 12 h, no palco da …

19.30 h

Aproximación histórica á zanfona galega

O xoves 4 de maio ás 19.30 h. teremos no noso local unha palestra baixo o título Aproximación histórica á zanfona galega, a cargo de Xoán Manuel Tubío. Xoán Manuel Tubío, “Xaneco”, é un dos principais artesáns de zanfona e de percusión tradicional e un dos máis recoñecidos nacional e internacionalmente. Desde o seu obradoiro, …

19.30 h

Presentación de “Unha historia da arte galega”

O mércores 3 de maio, ás 19.30 h, presentamos no noso local o libro Unha historia da arte galega, de Carlos L. Bernárdez, publicado por Edicións Laiovento. Desde as mámoas e os petróglifos até as tendencias estéticas das últimas décadas, o obxecto deste libro é realizar un achegamento á imaxe artística galega, un anaco da …

19.00 h

Estratexias contra as violencias machistas para unha vida plena

O venres 5 de maio ás 19 h, presentamos unha palestra para falar das estratexias contra as violencias machistas para unha vida plena. A experiencia de Kaqla en Guatemala, con Hermelinda Magzul Patal e Flor Barán Magzul. Ambas forman parte da organización de mulleres indíxenas maias Kaqla e, a través da súa intervención, achegarémonos á …

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies