19.00 h

Visita guiada á exposición “Xesús! 70 anos de Campos”

O martes da vindeira semana, día 23 de maio, ás 19 h, realizaremos unha visita guiada a Xesús! 70 anos de Campos, exposición sobre o humorista gráfico galego Chichi Campos na Fundación Luís Seoane. Esta exposición da Fundación Luís Seoane é a primeira retrospectiva sobre a obra do humorista gráfico Xesús Campos Álvarez, Chichi Campos. …

12.00 h

Roteiro “A literatura nos xardíns”

O sábado, día 20 de maio, ás 12 h, imos pasear A Coruña Literaria no corazón da cidade. Sairemos desde a parte traseira do Teatro Rosalía, na Mariña. Daranos a benvida a gaita de Raul Galego e contaremos coa colaboración de Donaire. E logo percorreremos os xardíns de Méndez Núñez para, a través da escultura, festexar …

19.30 h

A situación da pesca na Galiza

O xoves 25 de maio, ás 19.30 h, organizado polo Foro Cívico da Asociación Cultural Alexandre Bóveda, celebrarase o debate A situación da pesca na Galiza, para analizar os problemas actuais da pesca, así como a influencia das novas leis da Comunidade Europea. Contaremos coa participación de: Alberto Castro García, secretario da Asociación de Armadores do cerco …

19.30 h

Presentación do poemario “Kamikazes”

O mércores 24 de maio, ás 19.30 h, presentamos no noso local o poemario Kamikazes de Lino García Salgado. Kamikazes pretende render homenaxe a todas esas facetas apartadas da luz, mostrar un dinamismo oculto para facernos sentir útiles. Lino García Salgado (23 de abril de 1967, Baltar, A Pastoriza, Lugo) publica no ano 2010 o …

19.00 h

Proxección do documental “O Valo do Porto”

O venres 19 de maio, ás 19.00 h proxectaremos o documental O Valo de Porto. Desde o Ateneo Fernán Martís de Pontedeume promóvese converter un valo da vergoña nun valo de honra aos represaliados polo franquismo, que ergueron este muro en réxime de traballo escravo. O filme documentario, O Valo do Porto, conta en 20 …

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies